O domingo 22 de xullo, terá lugar a 10ª. Andaina Popular de Avión.

A Ruta sairá dende o Campo da Feira de Avión e suporá un traxecto circular, volvendo ao mesmo sitio.

 Haberá unha Ruta Longa: de 25 kms., unha media: de 14 kms, e unha corta: de 7 kms, para adaptarse ás características de cada persoa, estando todos os percorridos sinalizados e con puntos de control e avituallamento con auga, bebidas isotónicas e alimentos enerxéticos.

Ao terminar, sobre as 14,30 horas, todos os participantes darán conta dunha merecida comida.

Este ano, ao ser a 10ª. edición da Andaina, haberá varias sorpresas e agasallos distintos aos dos outros anos. Con sorteos de premios tamén diferentes e inéditos.

 O prezo da actividade é de 20 €. para adultos e de 10 €. para nenos menores de 10 anos.

 Non o esquezas, apúntate antes do 17 de xullo na Biblioteca, Piscina, Pavillón ou Casa Roxa.

Este ano ninguén quedará indiferente nesta Andaina.

Corre a voz.