Punto de Información Catastral

O Servizo do Punto de Información Catastral asume o papel de intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán.

Este servizo é gratuito para tódos veciños e veciñas do Concello.

Entre os servizos que presta o Punto de Información Catastral están os seguintes:

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrales non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrales dos datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
  • Calquera outros servizos de consulta e certificación que se implanten no futuro, nos termos da Resolución que se dite ao efecto.

 

sede elctronica catastro avion