A Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia, concedeu a este Concello de Avión unha subvención por importe de 27.948,50 €, para a mellora do PAI “Ruliños”,

Todo elo o abeiro da Orde do 23 de maio de 2017, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020).