O venres 11 de Novembro, celebrarase, como todos os anos, o Magosto Popular no Campo da Feira de Avión, a partires das 8 da tarde.

Haberá castañas, chourizos, empanadas, viño e chocolate e estará amenizado pola Charanga “Terra de Trives”.

O prezo da entrada ao Magosto será de 7 euros, pero ata o mércores 9 de Novembro, comprándoa no Concello, Pavillón, Biblioteca, Piscina ou Casa Roxa só pagarás 5 euros. (e os menores de 10 anos gratis)

Non faltes, pasarémolo en grande