Saúdo do Alcalde

antonio montero alcalde de avion

Queridos veciños e visitantes:

En pleno século XXI e nun contexto social no que, as comunicacións convírtense en prioritarias e fundamentais, o noso Concello quere seguir á vanguardia na utilización das novas tecnoloxías.

Por todo isto compráceme, como alcalde deste Concello de Avión, darlle a máis calurosa benvida a todas aquelas persoas que a partir de agora se adentren e coñezan esta nova páxina, que pretendemos sirva de canle de comunicación e información entre o Concello e os seus veciños. Espero que esta páxina lles permita disfrutar tamén das excelencias de Avión e as súas xentes.

De forma especial, quero dirixirme a todos aqueles veciños do noso Concello que por diversas circunstancias atópanse lonxe de nós e da nosa terra: os emigrantes. A todos eles decirlles que a súa figura fui e segue sendo motivo de traballo esencial na elaboración desta renovada páxina, para que dalgunha forma se sintan preto de nós, a pesar da distancia.  Estamos abertos a tódalas suxerencias e consultas que calquera dos nosos visitantes nos queiran dirixir, e por suposto, animo a todos aqueles que aínda non nos coñezan a que nos visiten e compartan connosco tódalas posibilidades que ofrece o noso Concello.

Reciban todos vostedes un cordial saúdo e

agradecerlles a súa visita á nosa páxina