Gardería

Ruliños proporciona o servizo de gardería do Concello de Avión, autorizado pola Xunta de Galicia.

Ruliños conta con diferentes zonas para a educación e formación dos nenos/as: alimentación, hixiene, gateo, descanso e xogos.

As instalaciones están dotadas con máis moderno equipamento, cumprindo as máis estrictas medidas de seguridade. Así, las zonas reservadas para os nenos, están permanentemente vixiadas e controladas a través dun circuíto pechado de televisión.

O principal obxectivo de Ruliños é que o neno/a medre nun ambiente físico e afectivo rico de estímulos, para desenvolver ao máximo tódalas súas capacidades a través de diferentes actividades e xogos, como:

Ademáis, Ruliños conta cunha “Escola de Pais” para tratar de axudalos na educación dos seus fillos, ao tempo que se lles prestará a orientación pedagóxica que soliciten.

Este Punto de Atención Infantil conta cun sistema informático que controlará todas as incidencias do neno/a dentro do centro. Este informe, completo e por escrito, será entregado aos pais no momento de retirar ao seu fillo.

 

Tarifas

Servizo Prezo
Prezo por hora 2 €
Máximo por día 6 €
Bono mensual 60 €

Poderanse aplicar as seguintes reduccións, acumulables entre si:

  • Por familia numerosa: 15 %.
  • Por ter máis dun neno/a da mesma familia no centro: 50 % sobre o segundo e 100 % sobre os demáis.

Horario

Ruliños estará aberto tódolos meses do ano, de luns a venres, excepto os festivos, e cun horario continuado desde as 8 da mañá ata as 8 da tarde.

Contacto

Enderezo
Campo da Feira, nº 7. (No baixo do Centro de Saúde)
Teléfono e Fax
Correo electrónico