OMIC

omic-avionA OMIC creouse en 1997 e ubicase na Casa Consistorial. A súa finalidade é facilitar na maior rapidez posible aos consumidores e usuarios deste termo a información e mecanismos de defensa dos seus dereitos e lexítimos intereses.

Entre outros, os cometidos desta Oficina Municipal son os seguintes:

  • Facilitar ao público a información e asesoramento sobre os seus dereitos como consumidor e a forma de exerce-los.
  • Atender as consultas, reclamacións e denuncias dos consumidores e usuarios, colaborando para tal fin co Instituto Galego de Consumo.
  • Actividades de información, orientación, asistencia técnica, educación e formación dos consumidores e usuarios.
  • Edición e divulgación das publicacións de interese para os consumidores relacionadas coa defensa dos sets dereitos.
  • Enquisas e campañas de inspección que non teñan carácter ordinario e sempre que se realicen en coordinación cos programas do Instituto Galego de Consumo.
  • Toma de mostras para a realización de análises de calidade, sempre que ditos análises estean incluídos no plan de actuacións do Instituto Galego de Consumo.
  • Campañas de promoción e colaboración no funcionamento da Xunta Arbitral de Consumo e demáis organismos competentes nesta materia.

Horario

Luns 16:30 – 20:00
Martes 16:30 – 20:00
Mércores 9:00 – 14:00   16:30 – 20:00
Xoves 9:00 – 14:00   16:30 – 20:00
Venres 16:30 – 20:00
Sábado 9:00 – 13:00

Enlaces