Seguridade Cidadá

Vixiante Municipal

O vixiante municipal exerce as funcións encomendadas aos corpos de Policía Local e en particular:

  • Custodiar e vixiar bens, servizos, instalacións e dependencias municipais.
  • Regular o tráfico no núcleo urbano, de acordo coas normas de circulación.
  • Participar nas tarefas de auxilio ao cidadán e de protección civil, de acordo co disposto nas leis.s
  • Velar polo cumprimento de regulamentos, ordenanzas, bandos, resolucións e demais disposicións e actos municipais.

Emerxencias

Desde o Posto de Socorro situado no Campo da Feira prestarase un novo servizo de urxencias sanitarias que funcionará as 24 horas do día, os 365 días do año. Con este servizo por parte do Concello de Avión mellórase tamén a cobertura de Protección Civil.

Desde este Posto coordinaranse todas as actuacións, non só de emerxencias sanitarias, senón tamén de:

  • Incendios urbanos.
  • Accidentes de circulación.
  • Cortes de estradas motivados sobre todo por inclemencias meteorolóxicas.
  • Calquera outra situación de urxencia que se produza.

Este servizo estará operativo as 24 horas do día, os 365 días do ano.