Os Servizos Sociais de Atención Primaria no Concello de Avión son o conxunto de recursos creados para atender, de maneira máis próxima e áxil, as necesidades de cada habitante, grupo ou de toda a comunidade. Están dirixidos a toda a poboación en xeral, e teñen como obxectivo xeral, achegar a todas as personas deste Concello os servizos sociais e as súas prestacións básicas, así como todos os programas e actividades específicos que se teñan deseñado.
Son o nivel máis próximo ao usuario, para posibilita-la mellora da calidade de vida e a participación de persoas e grupos, especialmente aqueles que sufren algún tipo de carencia, discriminación ou desatención, así como a prevención, e a eliminación das causas que orixinan estas situacións.
Obxectivos
- Informar, orientar e asesorar.
- Analizar a realidade para detectar carencias e necesidades sociais.
- Realizar servizos preventivos para toda a poboación.
- Dar solucións ante necesidades de tipo individual e colectivo.
- Procura- la mellora da autonomía, a integración e a permanencia das personas no se seo familiar.
- Promover a vida asociativa.
Enderezo
Carretera do Sifón nº15
Teléfono
988 486 528
Fax
988490839