Historia e Tradición

Os primeiros datos de Avión veñan dados pola existencia do hoxe denominado Castro de San Vicente, no monte Castro. Aínda que é necesario facer un desenterro total do mesmo para coñecer amplamente a súa historia, o que sí podemos determinar, por diferentes historiadores, é a antigüidade aproximada do mesmo. Así, di López Cuevillas, que a Cultura castrexa dáse na segunda mitade da Idade de Ferro.

Científicamente, e gracias ás análises de carbono-14, disponse na actualidade de dúas datas que limitan a construcción dos castros, 520 a. de C. ata o 570 d. de C. o que confirma a continuidade de vida nos castros durante a idade media. Diversas excavacións sinalan a supervivencia, ou non, á conquista romana a tenor dos achados de moedas, o que parece ter continuado varios séculos baixo a denominación romana.

 O Castro de Avión parece pertencer a estos últimos casos. Segundo a historia escrita, poucas referencias antigas podemos facer de Avión, pero posiblemente a que máis se pode destacar son as realizadas polos historiadores Meruendano e Eijan, quen afirman que “los geógrafos romanos mencionan el río Miño como principal, otros secundarios, entre estos el Abo”. Samuel Eijan, en “Ribadavia y sus alrededores”, afirma que, “… nada impide que se pueda suponer que fuese el Avia, dadas la analogía y el parecido de las palabras, y por tener su nacimiento en las montañas de Abión, o por lo menos que el Avia de aquel entonces se designaba también con el mismo nombre de Abo”.

Todo iso ven polo posible nome de Ribadavia. Jorge Cardoso identifica co nome de Abóbrica de Plinio, palabra composta por Abo e bria, brica ou briga, de orixe celta, significan segundo o “Pai Eijan”, nas linguas indo-xermánicas: cidade ou poboación. A palabra Abóbrica, significa poboación situada nas marxes ou orilla do río.

É Abo un río que percorre a maioría da súa vida por este municipio, e Abión o nome onde nace, o que pode llevarnos a pensar, por este e outros motivos que desenvolveremos, que o actual Avión xa era un espazo habitado, xa que para coñecer as orixes é necesario visitarlos. Ubicada xa a poboación en Avión, varias son as referencias históricas que poderemos desarrollar pero as primeiras delas xurden coa donación do Rubillón, coto incluído, o Mosteiro de San Benito de Bárcena, sito en Barcia, lugar da parroquia de Melón, polo ano 1155, por dous reais privilexios, segundo consta nos papeis do Mosteiro de Melón. Aínda que naquela época, Avión, como unha parte importante de Galicia, correspondía ao territorio xurisdiccional do Metropolitano de Braga, a quen como tal recoñeceron no ano 1010 os Bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tuy, Ourense, Lamego, Coimbra, Porto e Viseu. Nembargantes unha nova noticia indicadora da xurisdicción episcopal do noso territorio, a do monxe do Mosteiro de San Cloido, D. Pelagio, ao anunciar no su testamento (1158) que a súa igrexa monacal foi consagrada polo Bispo de Zamora, D. Bernardo, con autorización do Bispo de Oviedo.

Pese a esta confirmación a realidade foi que no ano 1150, con motivo dunha competencia sobre límites de dioceses sostida entre os Prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa lle encomenda a solución desta competencia ao emperador D. Alonso VII, dispoñendo este a 1 de marzo de 1150, que o Bispo de Oviedo cedera ao de Ourense toda a parte diocesana de A Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor ata o Arnoiz, e ata Barroso coas iglexas de Petrayn e as de Castela; e a de Orcellón e as iglexas de Avia e de Avión.

Por aqueles mesmos anos, e concretamente no ano 1156, fíxose, entre o Bispo de Ourense e o Cabildo de Tui, unha partición de igrexas das súas dióceses, na que figura o arciprestado de Novoa e Avión; o que ao parecer indica que parte do territorio de Novoa e Avión (Pero non o de Ribadavia), pertencían xa a aquela diócese en parte, e que outra parte do territorio, chamado terras de Avia e Avión, formaban parte da diocese de Ourense.

Historia dos Chozos
Camiños Medievais do Viño
O Condado de Ribadavia
Época Carlista