Monumentos

Igrexas

Moi pouco se pode falar das igrexas existentes nas diferentes épocas da historia de Avión, xa que poucos datos chegaron ata os nosos días. No ano 1155 Avión, correspondía ao territorio xurisdiccional do Metropolitano de Braga, a quen como tal recoñeceron no ano 1010 os Bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense, Lamego, Coimbra, Porto e Viseu, nembargantes, esa dependencia non se debeu prolongar máis aló da inauguración da Monarquía portuguesa no ano 1139.

Sen embargo no ano 1150, con motivo dunha competencia sobre límites da diócese entre os Prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa encomendoulle a solución desta competencia ao emperador D. Alonso VII, dispoñendo este a 1 de marzo de 1150, que o Bispo de Oviedo cedera ao de Ourense toda a parte diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor hasta Arnoiz, ata que penetra este no río Miño, ata Barroso coas iglexas de Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.

Por aqueles mesmos anos, e concretamente en 1156, fíxose, entre o Bispo de Ourense e o Cabildo de Tui, unha partición de igrexas das súas dióceses, na que figura o arciprestazgo de Novoa e Avión; o que ao parecer indica que parte do territorio de Novoa e Avión (Pero no o de Ribadavia), pertencían xa a aquela diócese en parte, e que outra parte do territorio, chamado terras de Avia e Avión, formaban parte da diócese de Ourense. No ano 1215 aparece por primeira eúnica vez a Orde dos Templarios en Avión, concretamente relacionados coa igrexa de San Andrés de Abelenda.

Pero durante a Idade Media o maior protagonismo exerceuno o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia, instaurado en 1375. A súa xurisdicción abarca varias freguesías: Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar un tributo denominado “fumaza” ou “fogaza”, que foi abolido por Isabel II en 1837. Na actualidade o concello de Avión ten as parroquias de Abelenda de Avión, Amiudal, Avión, Baiste, Barroso, Corcores, Couso, Cortegazas e Nieva. Todas elas con igrexa propia, aínda que non son aquelas que figuran na historia de Avión nos séculos XII e XIII, das que descoñecemos o seu fin.

As igrexas actuales que conforman as nove parroquias do Concello de Avión, teñen unha historia reciente que detallamos a continuación:

  • “Igrexa de Santa Mariña”: Situada na poboación de Abelenda de Avión, é unha igrexa de estilo Románico con elementos barrocos, ten un sepulcro antropoide. Destaca a cruz parroquial na que interveu o prateiro Vilaza en 1741.
  • “Igrexa de Santiago”: Ubicada na poboación de Amiudal, que no seu día fuo capital do Concello. Construida a mediados do século XVII. Posúe elementos artísticos de estilo barroco santiagués propios de 1755 cando D. Antonio Camba mandou facer unha intervención na capela mayor.
  • “Iglesia dos Santos Xusto e Pastor”: Situada na capital do concello, foi iniciada a súa construcción aproximadamente en 1600, finalizando en 1742. Presenta unha singular fachada-retablo barroco realizada por canteiros da Terra de Montes. Ten ademáis outras dúas portadas fortemente moldeadas e con hornacina superior, nas que están as esculturas de San Antonio con o Neno e a Virxe e o seu fillo. A cabeceira moi anterior a 1742, ten bóveda de nervios de estilo gótico con claves historiadas policromadas. Na central figuran os Santos Xusto e Pastor, patronos da parroquia, con caretas alusivas aos principios centrais da fe. A similitude estilística da torre, con carátulas angulares na balaustra inferior, con outras como as de Carballeda e Beiro, fainos adiantar a hipótese dunha mesma cabeza rectora, que non poido ser outro que o conde de Ribadavia. Esta igrexa leva columnas salomónicas angulares, soporte tectónico infrecuente nos exteriores barrocos galegos , sendo un dos exemplos máis importantes do Barroco.
  • “Igrexa de Santa María”: Da parroquia de Baiste, foi construida no século XVIII e renovada en 1910. Esta iglesia perteneció durante muchos años al monasterio de Melón.
  • “Igrexa de Santa Eulalia”: Ubicada en Barroso, foi construida no ano 1622 e renovada en 1767.
  • “Igrexa de Santa Mariña”: Da parroquia onde se ubica, Córcores, ten un retablo do século XVII.
  • “Igrexa de Santa María”: Situada en Couso, ten importantes restos dun baldaquino medieval gótico do século XV.
  • “Igrexa de Santo Antonio”: Ubicada en Cortegazas.
  • “Igrexa de San Martiño”: Situada en Nieva

Arquitectura Popular

Os Hórreos

Os hórreos, como en tódolos lugares de Galicia, sirven para guardar os cereais, principalmente o maíz, centeo, etc. Están feitos de pedra e madeira, sendo a base sobre columnas de piedra, e o seu armazón do mesmo material, os laterais, así como o frente e a espalda están recobertas de madeira, o tellado ten tella curva.

A existencia dos horreos en Avión pode remontarse ao século XIV, xa que como aparece nos diezmos pagados por diversas parroquias de Avión, concretamente Abelenda, San Cristobo e San Xusto, que lle deron ao Señor de Ribadavia, no ano 1487, 16 fanegas de pan terciado de centeo r maíz, 2 fanegas de pan e 40 fanegas de pan, respectivamente, o que fai pensar que xa tiñan a necesidade de almacenamento de cereais, dadas as cantidades das que aquí se falan, e entregáronse ao Señor de Ribadavia. Novamente os pagos de diezmos ao Señor de Ribadavia en 1630, indican que continúa a explotación de cereais neste territorio.

No Madoz, Enciclopedia escrita por Pascual Madoz en 1843, aparece como datos a destacar que na agricultura sobresalía o maíz e o centeo nas parroquias de Avión, Abelenda e Amiudal. Actualmente no municipio de Avión existen alrededor de 700 hórreos, dos cales o 20% atópanse en bo estado.

Fornos de Pan

Os fornos de pan, son sen dúbida outra manifestación cultural deste municipio, en base, fundamentalmente, do cultivo que valía de sustento aos habitantes de cada poboación. O forno comunal, fíxose para dar servizo a unha pequena poboación. Construído colectivamente polos veciños (cada un deles aportaba o seu traballo ou pagaba a un xornaleiro), unha vez levantado o forno para a súa utilización, establecíase un turno, que salvo por causa de forza maior, non podía ser alterado. Cada veciño levaba leña para quentalo o día que lle correspondía cocer.

Estos tipos de fornos compóñense de tres espazos fundamentais: a cámara ou capela; onde se fai o lume e se coce o pan. Acceso ou área de traballo; lugar para traballar a masa e recoller o pan, e no que se coloca a artesa (arca ou caixón de madeira para amasar), as ferramentas do forno, a galla, a forquilla, o rodo, e alguns tendais (mesas de pedra ou madeira onde se pon o pan unha vez cocido). Almacén; lugar onde se coloca a leña coa que quentar o forno. En Avión que existen 45 poboacións, existen un total de 70 fornos de pan, estando en estado de funcionamento un 25 % do total.

Muiños

Os muíños, son outro elemento cultural deste municipio, seguindo o proceso agrícola do aproveitamento dos cereais que aquí se producían. Todos os muíños de Avión están ao lado das augas dos ríos que nacen na Serra do Suido e Faro de Avión, son muíños de modelo circular que están ben documentados nos canastros e se consideran como sinal da romanización, aínda que esta cuestión non está suficientemente aclarada.

Tampouco existe referencia histórica da súa antigüidade, en 1487 tres parroquias de Avión entregaron ao Señor de Ribadavia fanegas de pan en cantidade importante, iso fai pensar que para facer o pan era necesario moer os cereais, e os muíños a única función que se lles conoce é a de moer. Como dato a ter en conta, destaca que no Madoz, en 1843, aparece que Abelenda de Avión ten de industria un total de 17 muíños fariñeiros en funcionamento, o que pon de manifesto a importancia dos cereais en Avión, e toda a industria que estaba montada ao seu lado. Na actualidade atópanse sobre 75 muíños en todo o concello, estando algún en funcionamento.