Praia Fluvial

Nesta praia fluvial tódolos verans o Concello de Avión oferta aos seus habitantes unha piscina artificial adecuada para os máis pequenos e no propio río de Valderías formase unha presa fluvial para uso e disfrute de todos.

A praia fluvial é tamén unha área recreativa na que en moitas ocasions se realizan reunions e comidas entre familias, amigos, etc. Dispon de 4 mesas grandes e os seus respectivos asentos de pedra, de dúas parrillas para asar carne, de zonas de descanso con árbores e pequenos paseos pola beira do río que fai da praia fluvial un lugar idóneo para disfrutar da natureza en calquera época do ano, e sobre todo en verán.

Cabe destacar tamén, un fermoso Paseo Fluvial que segue o curso do río; ademáis de vestiarios con ducha e servicios incluídos.