Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal de Brigada de Incendios

Visitas: 1968

Convocatoria para a contratación laboral que se indica:

 

1.- Número e denominación das prazas:brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais composta por:

     - 1 xefe/a de brigada

     - 1 peón/peoa condutor/a

     - 3 peóns/peoas.

 

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.

3.- Duración do Contrato: 3 meses.

4.- Sistema de selección: valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física.

5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Avión, ou a través da súa sede electrónica ata o 21 de xuño.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases estará publicado no taboleiro de anuncios do portal de transparencia do Concello de Avión

https://avion.sedelectronica.es/transparency/

 

imprimir