Avión aproba por unanimidad a reducción de taxa de lixo aos estamblecementos afectados polo coronavirus

Visitas: 303

O Concello de Avión acordou a reducción da taxa de lixo con efectos para o ano 2020 nos establecementos municipais que viron afectado o seu funcionamento polos efectos da COVID-19.

Respecto á reducción da taxa, aplicarase aos establecementos que estiveron pechados durante o estado de alarma, así como aqueles que viron mermadas as súas vendas ou actividade , exceptuando aos establecementos de alimentación que estiveron en pleno funcionamento durante o estado de alarma por considerarse servizo esencial).


Para recibir esta axuda directa,  os afectados/as terán que presentar no Concello o xustificante de teren aboado o recibo correspondente da Taxa pola recollida do lixo correspondente a 2020. Unha vez feito isto, o Concello devolveralles a cuantía correspondente aos seguintes porcentaxes sobre o mesmo, segundo a actividade de que se trate. 

– Ferretería/Estanco

– Taller mecánico

– Gasolinera

– Librería/Papelería 

– Bar

– Restaurante

– Turismo rural

– Perruquería

  O Concello busca paliar e minimizar, con esta medida, a difícil situación a que se están afrontando os comerciantes de Avión neste complicado ano a causa da pandemia do coronavirus.

imprimir