Este ano celebramos a XIX Edición da Festa Mexicana de Avión. Festa que xurdiu como unha homenaxe a tódolos nosos veciños e veciñas emigrados e que co transcorrer do tempo converteuse nunha cita ineludible no calendario de Festas de Galicia.
HORARIO DE ACTIVIDADES
17:00 horas Inicio venda de comida mexicana nos 5 restaurantes asistentes na Praza da Igrexa.
18:00 horas Inicio de Actividades Infantís Gratuitas (hinchables, tiro con arco, etc) na Praza do Concello
20:00 horas Xogo de piñatas para os nenos/as
21:00 horas Inicio Actuación 2 grupos de Mariachis (vanse alternando no escenario un e outro mariachi)
01:00/01:30 Finalización da Festa