🥾🌳O sábado 27 de xuño será a XV Edición da Andaina do Concello de Avión.
📝As incricións poderán realizarse na Piscina Municipal, Biblioteca e Concello.
📍 A Andaina é circular, con saída e chegada no Campo da Festa de Rodeiro. Haberá 2 rutas: Curta e Longa. É necesario seleccionar a ruta que se realizará no momento da inscrición.
🎫O importe a pagar será de 25€ para adultos e nenos/as dende os 11 anos. De 3 a 10 años, o importe será de 12€.
Data límite de inscrición: o xoves 25 de xuño de 2026.
O prezo inclúe Avituallamentos, Camiseta Conmemorativa, sorteo de agasallos e comida.
👩👨O límite de participantes será de 100 persoas.
Cómo inscribirse
As inscricións poderán realizarse na Piscina Municipal, Biblioteca e Concello. Tamén está a opción de pago por transferencia, descargando o boletín de inscrición, e realizando o pago correspondente na seguinte conta Bancaria:
FUNDACIÓN AVIÓN (ABANCA) ES54 2080 0414 7530 4000 9238
No CONCEPTO ao realizar o pago Telemático deberá figurar o nome/nomes da persoa/s inscrita/s.
Posteriormente, tanto o Boletín de inscrición cuberto, como o Comprobante de Pago deberá enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.