RECOLLIDA DE ENSERES VOLUMINOSOS

Visitas: 51

AVISO Á VECIÑANZA 📢

A partir do vindeiro luns 29 de xuño, estará dispoñible o servizo de recollida a demanda de enseres voluminosos 🛋️📺, prestado pola empresa TRAGSA.

Para solicitar a recollida, será necesario chamar ao seguinte teléfono:

📞 988 033 092

A través deste servizo poderá xestionarse a recollida de colchóns, mobles, electrodomésticos e outros enseres voluminosos 🪑🧺, evitando así o seu depósito incontrolado na vía pública 🚫🛣️.

Desde o Concello de Avión pedimos a colaboración de toda a veciñanza 🤝 para manter o noso municipio limpo ♻️.

imprimir