NEURA | Unha comedia neurótico-festiva 
O venres 4 de setembro, prepárate para rir, porque chega ao Centro Multifuncional de Avión a obra de teatro “Neura”, unha comedia neurótico-festiva que nos invita a mirar con humor as nosas manías, obsesións e pequenas neuras do día a día. 
Unha proposta para gozar do teatro, rirnos un pouco de nós mesmos e pasar unha noite diferente. 
