Plan de Rescate Hostalería e Redución da Taxa do Lixo

Plan de Rescate Hostalería e Redución da Taxa do Lixo

Visitas: 1940

O CONCELLO DE AVIÓN APORTA 9.000 EUROS: 1000 € POR CADA UN DOS 9 HOSTALEIROS QUE O SOLICITARON,  AO PLAN DE RESCATE DA XUNTA DE GALICIA PARA O SECTOR DA HOSTALERÍA E REDUCE EN 2021 A TAXA POLA RECOLLIDA DE LIXO A AQUELES ESTABLECEMENTOS ASENTADOS NO TERMO MUNICIPAL.

 

O Concello de Avión asinou un convenio coa Xunta, aportando 1.000 euros por cada un dos 9 hostaleiros que solicitaron o Plan de Rescate pola Covid. Desta forma, o Concello aportará en total 9.000 euros, que equivale a 1.000 €  por establecemento que solicitou esta axuda. En Avión quixemos achegar esta contribución como xeito de transmitir a solidariedade do noso pobo con estos negocios que o están pasando mal a causa da pandemia.

 

Para todos aqueles outros establecementos asentados no noso Concello, aínda que non sexan de hostalería, o Concello tamén reducirá neste 2021 a taxa pola recollida do lixo quedando da seguinte forma:

 

50% de redución no recibo da Taxa pola recollida do lixo nos seguintes epígrafes:

 

100% de redución no recibo da Taxa pola recollida do lixo para os seguintes epígrafes (sempre e cando non se adherisen ao fondo de rescate da Xunta de Galicia)

imprimir