O vindeiro 27 de xullo levaremos a cabo a nosa tradicional Andaina que, como cada ano, percorrerá una ruta diferente. Para dar a coñecer o rico e importante patrimonio natural e arquitectónico do noso Concello. Nesta ruta percorreranse fermosas “eiras de Hórreos”, Pontes, ríos, e todo iso aderezado coa fermosa paisaxe de Avión. Haberá 3 rutas: 7 kilómetros, 15 e 23, co obxectivo de que todo o mundo, nenos/as e adultos, poidan participar desta lúdica e deportiva actividade.