Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora o Centro da Muller do Concello de Avión convídavos a todos e todas a unha andaina pola igualdade o vindeiro venres, día 8 de Marzo.

A Andaina sairá ás 16.30 horas dende o Alvetus e irá ata o Multifuncional de Avión (por riba do Colexio)

Despois se desenvolverán as seguintes actividades:

* Lectura do manifesto.

* Exposición Artesanal: O Multifuncional abrirá as súas portas ao taller da Asociación de Mulleres Rurais e o de Pintura, como tamén ás demais mulleres que traballan dende casa, e así ver os traballos manuais feitos polas mans das nosas mulleres do Concello.

* Mega Clase de Ximnasia e Baile.

* Actuación Musical de Majo Piñeiro.

* Pinchos para todas as persoas asistentes. 

 Non faltedes e vinde con unha prenda de cor violeta.