O Concello de Avión organizó o venres 15 Novembro, unha xornada na que o Alcalde Antonio Montero, deu conta da súa recente adhesión a Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no SNS, promovida pola FEMP en colaboración co Ministerio de Sanidade.

Nesta mesma xornada que tivo lugar no salón de plenos do concello, constituíuse unha mesa intersectorial na que participan distintos axentes implicados na saúde dos veciños e veciñas do concello, (Médico, GES, Deporte, Xeriátrico, Psicóloga, CIM, Director Colexio   coa finalidade de que poidan ofrecer de primeira man a súa opinión sobre as necesidades e problemas de saúde da cidadanía como primeiro paso para mellorar as actividades e servizos prestados polo propio concello.