Servizo de Axuda no Fogar

É unha prestación básica do sistema público de servizos sociais que presta un conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e normalizadora a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador, a individuos ou familias no seu fogar cando se atopen incapacitados, temporal ou permanentemente, para realizar tarefas da vida cotiá, mantendoos no seu fogar e integrados no seu medio natural, mellorando a súa calidade de vida.

BENEFICIARIOS

-Anciáns que necesiten axuda de terceiras persoas para o desenvolvemento das necesidades básicas, que non teñan ningún familiar que lles poida prestar esta axuda e con este servizo poidan continuar vivindo no seu fogar.

-Persoas con discapacidade, incapacitadas, afectadas por unha lesión, enfermidade física ou mental ou por outros motivos, que precisen axuda e que con este servizo se poida favorecer a súa autonomía ou mellorar a súa calidade de vida.

-Persoas, en xeral, que pola súa situación de enfermidade teñan dificultades para desenvolverse por si mesmos.

-Familias que atravesen situación de crise que poidan necesitar apoio na realización das súas actividades habituais.

-Colectivos específicos que presenten situación de risco ou exclusión social.

SOLICITUDES

Durante todo o ano, nas oficinas dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Avión.