O Concello de Avión pon a disposición dos veciñ@s o teléfono 696 088 838 e o enderezo electrónico pai@concelloavion.org para todos os nenos e nenas que non teñan impresora e precisen facer fotocopias relacionadas co seu traballo escolar.

No correo deberá ir:

  • Nome do alumno/a.
  • Curso.
  • Teléfono de contacto
  • Enderezo para entrega das copias.

O Concello de Avión encargarase de imprimir as copias que se envíen e de entregalas no domicilio.

A solicitude de copias deberá realizarse antes de cada martes.

O reparto das copias impresas será todos os mércores.

#QuedaNaCasa