A Deputación de Ourense ven de por en funcionamento o “SERVIZO DE RECOLLIDA DE ENSERES A DOMICILIO” destinados a un punto limpo (en ningún caso se recollerán escombros, restos de obras, lixo, neumáticos ou cristais, entre outros).

Por parte deste Concello de Avión PÍDESE AOS VECIÑOS E VECIÑAS NON DEPOSITAS os RESIDUOS ao LADOS DOS CONTENEDORES ata que os encargados do Servizo concreten unha cita para a recollida.

Todas as persoas que teñan enseres que tirar deberán poñerse en contacto co Concello de Avión no teléfono 988.486.000.

O Concello, con todos os avisos recibidos daralle traslado á Deputación para que pasen a recoller eses enseres.

A Deputación avisará aos interesados do día da recollida para que deixen os enseres nun punto.

IMPORTANTE: Só se recollerán os enseres comunicados previamente ao Concello.

Bando Recollida de Enseres