O PLAN DE EMERXENCIAS MUNICIPAIS DE AVIÓN (PEMU AVIÓN), posto que o concello de Avión conta con un PEMU homologado no ano 2008 xa é trámites de ser sometido a revisión e adaptación ás novas situacións medioambientais, sociais, económicas e territoriais gracias ó apoio económico da Consellería de Medioambiente e ordenación do Territorio a través das axudas ESTRATEXIAS DE SUSTENTABILIDADE.
No PEMU están englobadas todas aquelas actuacións derivadas de situacións previsibles e/ ou catastróficas tanto derivadas das actuacións humanas como ambientais, principalmente derivados cambio climático, con especial incidencia na elaboración do Plan de Actuacións Municipais de INCENDIOS (PAM de Incendios) que incide directamente na incidencia medioambiental de protección ante os incendios forestais e como novidade se elabora unha extratexia de prevención e freo a incidencia do cambio climático sobre o aumento de posibilidades de producirse os incendios polo aumento da temperatura.
O Concello de Avión trata de encadrar a elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental que contríbuan a mellorar o comportamento das entidades locais de Galicia fronte ao cambio climático, con base no estado ambiental actual, e que axuden á definición das mellores opcións de adaptación ao cambio climático.
Tratouse de elaborar a estructura dos mandos, procedementos de actuación, operatividade e o establecemento dos medios dispoñibles, co obxectivo de que as actuacións que se leven a cabo non sexan froito da improvisación e que a resposta a dar sexa ó máis adecuada posible.
Os motivos maís destacables da existencia deste PEMU son:
- A existencia de situacións non desexables surdidas aleatoriamente.
- A desprotección do medioambiente e as consecuencias negativas globais sobre o medio e a poboación.
- A despoboación rural, derivada da falta de emprego de calidade.
- Establecer menanismos de mellora do benestar no medio rural.
- Os incendios forestais son o problema máis grave e de consecuencias máis negativas do sector forestal deste municipio, cando este, é un dos piares básicos na creación e mantemento de emprego nas áreas rurais, este concello viuse particularmente afectado pola pola vaga de lumes de 2005 e maiormente no verán de 2006,
Os Obxectivos buscados maís destacables son:
- Protección dos cidadáns ante situacións non desexables mediante a previsión ou alerta.
- Protección do medioambiente, minorando as consecuencias no caso de producirse e establecendo mecanismos de prevención.
- Prevención e extinción de incendios forestais, sendo manifesta a necesidade de potenciar a loita directa contra as causas que orixinan os lumes, así como todas as medidas de prevención necesarias para evitar a súa ocorrencia.
- Catálogo e descrición dos medios e recursos así como do seu procedemento operativo en caso de emerxencia.
- Descripción e regulación de usos e aproveitamentos de risco.
- Creación de postos de traballo por estar destinados a realizar tarefas de prevención e actuación.
- Establecer menanismos de mellora do benestar no medio rural.
O marco xeográfico establecido para este plan é o Concello de Avión, e os destinarios son, evidentemente, os veciños deste municipio e os visitantes ou moradores ocasionais.
O PEMU establece así mesmo medidas de control e avaliación dos obxectivos, e a posibilidade de revisar e actualizar os plans, pretendendo ser un instrumento dinámico de apoio na toma de decisión, así como a programación de traballos e análise económica.