O INEGA concedeu o Concello de Avión dúas subvencións para a instalación de caldeiras de biomasa, coa finalidade de conseguir un maior aforro e eficiencia enerxética por medio dunha enerxía renovable.
Mediante o empleo de fontes de enerxía renovables, preténdese fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o que implica toda unha serie de vantaxes tanto sociais coma ambientais, económicas e enerxéticas. Non se debe esquecer que a biomasa é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que, polo seu carácter de recurso autóctono, favorece, dentro do campo enerxético, a redución de emisións de CO2.
As subvencións están destinadas a instalación dunha caldeira na Casa Consistorial polo importe de 22.860,29 € (80 %) e outra na Casa da Cultura polo importe 11.616,00 €, aportando o Concello o restante 20 % de cada actuación mailo IVE correspondente