OMIC

A OMIC creouse en 1997 e ubicase na Casa Consistorial. A súa finalidade é facilitar na maior rapidez posible aos consumidores e usuarios deste termo a información e mecanismos de defensa dos seus dereitos e lexítimos intereses.

Entre outros, os cometidos desta Oficina Municipal son os seguintes:
1
Facilitar ao público a información e asesoramento sobre os seus dereitos como consumidor e a forma de exerce-los.
2
Atender as consultas, reclamacións e denuncias dos consumidores e usuarios, colaborando para tal fin co Instituto Galego de Consumo.
3
Actividades de información, orientación, asistencia técnica, educación e formación dos consumidores e usuarios.
4
Edición e divulgación das publicacións de interese para os consumidores relacionadas coa defensa dos sets dereitos.
5
Enquisas e campañas de inspección que non teñan carácter ordinario e sempre que se realicen en coordinación cos programas do Instituto Galego de Consumo.
6
Toma de mostras para a realización de análises de calidade, sempre que ditos análises estean incluídos no plan de actuacións do Instituto Galego de Consumo.
7
Campañas de promoción e colaboración no funcionamento da Xunta Arbitral de Consumo e demáis organismos competentes nesta materia.
omic.jpg

Horario

Luns
16:30 - 20:00
Martes
16:30 - 20:00
Mércores
9:00 - 14:00 / 16:30 - 20:00
Xoves
9:00 - 14:00 / 16:30 - 20:00
Venres
16:30 - 20:00