Axencia de Emprego

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local situada na Casa Consistorial de Avión conta cun Técnico de Emprego que ten como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial.

O Técnico Local de Emprego entre outras ten as seguintes funcións:

  • Asesoramento a desempregados.
  • Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para xerar emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.
  • Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores así como institucións colaboradoras.
  • Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financieira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
  • Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituidas estas, acompañándoos técnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuir á boa marcha das empresas creadas.
CONTACTO:
ENLACES:

 

Punto de Información do Servizo Galego de Colocación


O Concello de Avión dispon dun Punto deInformación do Servizo Galego de Colocación a través do cual se poderá renovar a tarxeta de demanda de emprego sen necesidade de pasar pola Oficina de Emprego. Para iso é necesario que os usuarios rexistren, na oficina de emprego, a súa impresión dactilar.

Mediante este servizo poderá conocer:

  • As ofertas de emprego do Servizo Galego de Colocación
  • A programación dos cursos do Plan FIP previstos para todo o ano
  • O acceso á páxina do Servizo Galego de Colocación e da Xunta de Galicia
  • O acceso a diversas páxinas web desde as que se poderán consultar temas relacionados co emprego.