Punto de Información Catastral
O Servizo do Punto de Información Catastral asume o papel de intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán.
Este servixo é gratuito para tódolos veciños e veciñas do Concello.
Entre os servizos que presta o Punto de Información Catastral están os seguintes:
1
Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrales non protexidos e de cartografía dixital.
2
Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrales dos datos protexidos, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.
3
Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
4
Calquera outros servizos de consulta e certificación que se implanten no futuro, nos termos da Resolución que se dite ao efecto.