LÍNEA Verde

Línea Verde é un servizo de información que sustituirá ao AVIÓNsms, que desaparecerá en breve.

No apartado de Noticias y Alertas da APP Línea Verde poderá estar ao tanto de todo o que acontece en Avión:

  • Bandos, axudas, convocatorias.
  • Cursos, Eventos, Actos culturais, deportivos e de lecer.
  • Subvencións.
  • Emprego.

LÍNEA Verde funciona da seguinte forma

Totalmente GRATUÍTO

DESCARGAR APP NO MÓBIL

Para a descarga, o usuario/a debe acceder a Google Play ou APPLE store en función da tecnoloxía empregrada no seu Smartphone (Android/iOS). Unha vez localizado o Concello de Avión lévase a cabo a descarga de forma gratuíta.

INFORMACIÓN SOBRE NOTICIAS E ALERTAS

Pinchar no botón "Noticias y Alertas". Procederá a desplegarse a información en diferentes Apartados: Servizos Municipais, Emprego e Concello. De tal forma que cando se produce unha nova información, tamén aparece nas notificacións do móbil do usuario/a, o que permitirá estar ao tanto de tódalas comunicacións municipais. Neste apartado tamén se poderán consultar todas as comunicacións enviadas polo Concello en relación a calquera tema. Desta forma, ábrese un canal directo de comunicación entre o propio consistorio e tódolos veciños/as do Concello, conseguindo desta forma, mantelos informados en tempo real de calquera cuestión (cortes de auga, urxencias, actividades realizadas polo Concello, etc.).

COMUNICAR UNHA INCIDENCIA

Pinchar no botón "Nova Incidencia". Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparecerá en pantalla. O usuario/a deberá seleccionar unha opción, de forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o problema. A partir dese momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia. O/a cidadán, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da súa comunicación

CONSULTA PUNTOS DE INTERESE

O servizo permite consultar os principais puntos de interese do concello con información detallada sobre o mesmo. Ademáis, tamén se poderán consultar todas as comunicacións enviadas polo Concello en relación a calquera tema. Desta

 

Non esperes a que cho conten      DESCARGA A  APP!!