Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal de tres peóns de obras públicas

Convocatoria para a contratación laboral que se indica:

 

1.- Número e denominación das prazas: tres peóns de obras públicas para a súa adscrición ao Programa Provincial de Empregabilidade 2021

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.

3.- Duración do Contrato: 4 meses.

4.- Sistema de selección: concurso

5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Avión, ou a través da súa sede electrónica ata o 28 de maio.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases estará publicado no taboleiro de anuncios do portal de transparencia do Concello de Avión

https://avion.sedelectronica.es/transparency/

 


imprimir