Convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1.- Número e denominación das prazas:brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais composta por:
- 1 xefe/a de brigada
- 1 peón/peoa condutor/a
- 3 peóns/peoas.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, a xornada completa, de duración determinada por obra ou servizo determinado.
3.- Duración do Contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física.
5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Avión, ou a través da súa sede electrónica ata o 21 de xuño.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases estará publicado no taboleiro de anuncios do portal de transparencia do Concello de Avión
https://avion.sedelectronica.es/transparency/