Convocatoria Seleccion Persoal

CONVOCATORIA PARA SELECCION DE PERSOAL

CONVOCATORIA PARA A SELECCION DO PERSOAL QUE SE INDICA CON CARGO Á SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN AO ABEIRO DO SEU PROGRAMA DE EMPREGABILIDADE ASÍ COMO FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO PARA FUTURAS CONTRATACIÓNS:

1.- Prazas a cubrir: 3 peóns.

2.- Duración do contrato: 5 meses e 15 días.

3.-Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción.

4.- Sistema de selección: valoración de méritos e realización dunha proba de aptitude física.

5.- Lugar de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Avión, na súa Sede Electrónica ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

6.- Prazo de presentación de solicitudes: do 10 ao 14 de abril, ambos os dous inclusive.

7.- Exposición das bases: o texto completo estará publicado no Taboleiro de Anuncios e no Portal de Transparencia do Concello de Avión.


imprimir