cartel andaina

XIII ANDAINA CONCELLO DE AVIÓN

O sábado 13 de xullo será a XIII Edición da Andaina do Concello de Avión.

As incricións poderán realizarse na Piscina Municipal, Biblioteca, Concello e co Monitor Deportivo.

Esta Andaina é circular, con saída e chegada no Campo da Feira de Avión. A ruta Longa consta de 15 kms e a Curta de 5 kms. É preciso seleccionar a ruta que se realizará no momento da inscrición. A dificultade da Ruta Longa é media. A Ruta Curta ten dificultade baixa.

O importe a pagar será de 25€ para adultos e nenos/as dende os 11 anos. De 3 a 10 anos, o importe será de 12€. O prezo inclúe Avituallamentos, Camiseta Conmemorativa, sorteo de Agasallos e comida.

O límite de participantes será de 100 persoas.


Cómo inscribirse

As inscricións poderán realizarse na Piscina Municipal, Biblioteca, Concello e co Monitor Deportivo ou ben, descargando este boletín de inscrición, e realizar o pago correspondente na seguinte conta Bancaria:

FUNDACIÓN AVIÓN (ABANCA) ES54 2080 0414 7530 4000 9238

No CONCEPTO ao realizar o pago Telemático deberá figurar o nome/s da persoa/as inscritas.

Posteriormente, tanto o Boletín de inscrición cuberto, como o Comprobante de Pago deberá enviarse á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

 


imprimir