festa mexicana

FESTA MEXICANA 2024

A festa celebrarase o vindeiro 9 de agosto de 2024. Con horario de 17:00 a 01.30 aproximadamente.

🌮 Asistirán 5 dos mellores restaurantes mexicanos afincados en Galicia: Sol Maya de Vigo, o Mesón Mexicano en Tourón-Puente Caldelas, o Rincón Azteca de O Carballiño, Catering Itacate de Cerdedo-Cotobade e Pico de Galo de Santiago de Compostela.

🎺Contaremos coa actuación de 2 agrupacións de mariachis de máis de 7 compoñentes cada unha que amenizarán a partir das 21:00/21:30 a festa con música tradicional como son las famosas rancheras.

NOVIDADES:

Dende 2023 introducimos varias novidades na nosa Festa Mexicana:

1.- Adiántase o horario de apertura dos Restaurantes a partir das 17:00 horas.

2.- Dous dosrestaurantes asistentes, ademáis de comida típica, disporán tamén de postres mexicanos.

3.- Dende o ano pasado e, gracias á cesión para este día, dunha familia do  Concello, disporemos dunha finca de gran  superficie situada en pleno centro de Avión para zona de aparcamento gratuito. Na que estarán  guiando o tráfico efectivos de Protección Civil.


👧👦 As nenas e nenos,  tamén terán cabida na festa, y para eles están pensadas diversas actividades gratuitas dende as  18:00 horas como varios hinchables, tiro con arco, pintacaritas, entre outros. Contaremos ademáis, con sorteos de cestas de productos mexicanos e o famoso xogo da “piñata” . Las piñatas son elaboradas polos maiores do Centro Integral de Servizos Sociais “Alvetus”, coa supervisión de Yesica Moreno Valenzuela, psicóloga e Directora do Centro da Muller do Concello de Avión.


imprimir