Obxecto: elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Avión.
Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles dende a data de publicación deste anuncio.
Solicitudes: poderán participar na convocatoria todas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ser español/a, maior de idade.
- Non estar incurso/a en causas de incapacidade establecida no artigo 303 da citada lei orgánica, así como nas de incompatibilidades sinaladas no artigo 389 e seguintes, a excepción do exercicio de actividades profesionais ou mercantís.
DOCUMENTACIÓN: Os/as solicitantes deberán presentar a instancia pertinente no Rexistro Xeral do Concello de Avión, e deberán achegar a seguinte documentación:
- Certificación de nacemento o fotocopia do DNI.
- Certificación de antecedentes penais.
-Declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1,a), referente a "se se atopa inculpado/a ou procesado/a".
- Xustificante de méritos que poida alegar.