O Concello de Avión acordou a reducción da taxa de lixo con efectos para o ano 2020 nos establecementos municipais que viron afectado o seu funcionamento polos efectos da COVID-19.
Respecto á reducción da taxa, aplicarase aos establecementos que estiveron pechados durante o estado de alarma, así como aqueles que viron mermadas as súas vendas ou actividade , exceptuando aos establecementos de alimentación que estiveron en pleno funcionamento durante o estado de alarma por considerarse servizo esencial).
Para recibir esta axuda directa, os afectados/as terán que presentar no Concello o xustificante de teren aboado o recibo correspondente da Taxa pola recollida do lixo correspondente a 2020. Unha vez feito isto, o Concello devolveralles a cuantía correspondente aos seguintes porcentaxes sobre o mesmo, segundo a actividade de que se trate.
- 25 % do recibo da Taxa pola recollida do lixo para os seguintes epígrafes:
– Ferretería/Estanco
– Taller mecánico
– Gasolinera
– Librería/Papelería
- 50 % do recibo da Taxa pola recollida do lixo para os seguintes epígrafes:
– Bar
– Restaurante
– Turismo rural
– Perruquería
O Concello busca paliar e minimizar, con esta medida, a difícil situación a que se están afrontando os comerciantes de Avión neste complicado ano a causa da pandemia do coronavirus.