CIM

¿Qué é o CIM?

O CIM
Centro de información á muller
Entendese o CIM como un conxunto de recursos desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes. Teñen carácter prioritario dentro das accións do CIM actividades de prevención, información, asesoramento e loita en xeral contra a violencia de xénero.O CIM é un servizo gratuíto que atende as demandas das mulleres de forma personalizada e confidencial.

Atención psicolóxica

Proporciona apoio e atención psicolóxica ás mulleres que así o requiran, asistencia e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade, depresión, baixa autoestima, etc…,
Apoio e asesoramento en casos de malos tratos, terapia familiar, problemas de parella, etc., desenvolve tarefas relacionadas coa orientación laboral e realiza tamén diversas actividades de prevención e sensibilización coa poboación.

Atención xurídica

O Centro de Información á muller ofrece información, orientación  e asesoramento en material legal en diversos aspectos tales como violencia de xénero, divorcio, mediación, menores, dereito laboral, abusos sexuais, dereito de familia, etc.

Axente de igualdade

Actuacións de dinamización levadas a cabo por persoas expertas en xénero e igualdade, cara á integración da perspectiva de xénero nos programas e actuacións que desenvolve a entidade local, así como o establecemento de canles de comunicación e colaboración con outros axentes presentes no territorio e que poidan ser de interese para o desenvolvemento das actividades do centro no ámbito educativo, sanitario, etc.

Violencia de xénero

A través do CIM o Concello presta durante todo o ano servizos de atención e asesoramento específicos, dirixidos a mulleres víctimas de violencia:

Información dos recursos existentes a través da xestión cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais, así como demais entidades implicadas na atención e protección das mulleres víctimas de violencia de xénero.

Asesoramento, tramitacións de prestacións e programas:

• Orde de protección de vítimas de violencia doméstica.
• Tramitación de xustiza gratuíta
• Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero
• Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
• Quendas vacacionais para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas ( SXI).
• Estancias de tempo libre para mulleres que teñan fillos e fillas exclusivamente ao seu cargo (Instituto da Muller).
• Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia doméstica.
• Programa de Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero.
• Renda Activa de Inserción.
• Axudas a entidades sen ánimo de lucro de mulleres ( SXI).
• Liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres.

conmemoración do día Internacional das mulleres
conmemoración do 25N día Internacional contra da violencia de xénero.

Actividades

Cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e empoderamento feminino.
Conferencias, encontros, xornadas e cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade, tanto no relacionado co xénero como coa temática da diversidade sexual.
 
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ·   Tel. 988 486 000   ·   Praza do Concello s/n 32520, Avión Ourense