Ruliños: A nosa gardería

1
O Punto de Atención á Infancia “Ruliños” é o servizo de gardería do Concello de Avión, autorizado pola Xunta de Galicia. A súa finalidade é prestar unha atención de apoio aos pais, titores ou gardadores dos nenos de 0-3 anos. Ademáis atenderá aqueles casos que respondan as necesidades puntuais.
2
O obxecto do PAI “Ruliños” é a prestación dunha atención asistencial e educativa, de nen@s entre os 3 meses e os 3 anos, contribuíndo tanto ao desenvolvemento integral d@s nen@s como á conciliación da vida laboral e familiar, prestando un servizo moi especializado e individualizado.
3
As instalacións están equipadas cumprindo coas máis estrictas medidas de seguridade. No interior, a aula infantil conta cunha zona de xogos, zona de gateo, zona comedor, zona de hixiene e zona de descanso.    

4
Ademáis, Ruliños conta cunha pedagoga para tratar de axudalos na educación dos seus fillos, ao tempo que se lles prestará a orientación que soliciten.
5
No Punto de Atención Infantil “Ruliños” controlarase tódalas incidencias do nen@ dentro do centro. Este informe, completo e por escrito, será entregado aos pais no momento de recoller ao seu fillo.

Tarifas

Prezo por hora 2€
Máximo por día:6€ (Máximo 8 días mensuais)
Bono mensual:169,26 €

Reduccions

Sobre o importe do bono mensual aplicarase unha bonificación do 100 % ao estar acollido á gratuidade universal na atención educativa establecida pola Xunta de Galicia.

Horarios

Ruliños estará aberto tódolos meses do ano, de luns a venres, excepto os festivos, e cun horario continuado dende as 9 da mañá ata as 7 da tarde.

Horario de verán: Xullo – Agosto – Setembro: De 9 da mañá ata as 5 da tarde.

Contacto

Enderezo: Rúa Campo da Feira nº7 (no baixo do Centro de Saúde)
Teléfono: 988 486 123
Correo electrónico: Enviar un correo electrónico
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   ·   Tel. 988 486 000   ·   Praza do Concello s/n 32520, Avión Ourense