Praia Fluvial
Nesta praia fluvial tódolos verans o Concello de Avión oferta aos seus habitantes unha piscina artificial adecuada para os máis pequenos e no propio río de Valderías formase unha presa fluvial para uso e disfrute de todos.
A praia fluvial é tamén unha área recreativa na que en moitas ocasions se realizan reunions e comidas entre familias, amigos, etc. Dispon de 4 mesas grandes e os seus respectivos asentos de pedra, de dúas parrillas para asar carne, de zonas de descanso con árbores e pequenos paseos pola beira do río que fai da praia fluvial un lugar idóneo para disfrutar da natureza en calquera época do ano, e sobre todo en verán.
Cabe destacar tamén, un fermoso Paseo Fluvial que segue o curso do río; ademáis de vestiarios con ducha e servicios incluídos.
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. · Tel. 988 486 000 · Praza do Concello s/n 32520, Avión Ourense