Feiras e Festas
Os días 12 e 22 de cada mes celebrase a tradicional feira na capitalidade do Concello.
Esta festa xurdiu como unha homenaxe a todos os emigrantes do Concello, fose o que fose o país no que viviron. Sen embargo, e dado que a maior porcentaxe destes emigrantes reside en México, a este país en particular se adicou a festa.
O que se pretende con esta iniciativa, é dar a coñecer unha parte da cultura dun dos países latinoamericanos con máis proxección internacional, ó tempo que sirve como vehículo eficaz para agradecer a esta Nación a receptividade e o cariño có que acolleu a tantos galegos e, entre eles, a tantos veciños de Avión. A Festa Mexicana celébrase no verán, intentando que non coincida coas festas patronáis que se celebran nas diversas parroquias do Concello, e gracias a ela, moita xente, e en especial veciños de toda a Comarca, poden coñecer parte da cultura gastronómica, musical e histórica de México.