Monumentos
Sen embargo no ano 1150, con motivo dunha competencia sobre límites da diócese entre os Prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa encomendoulle a solución desta competencia ao emperador D. Alonso VII, dispoñendo este a 1 de marzo de 1150, que o Bispo de Oviedo cedera ao de Ourense toda a parte diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor hasta Arnoiz, ata que penetra este no río Miño, ata Barroso coas iglexas de Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.
Por aqueles mesmos anos, e concretamente en 1156, fíxose, entre o Bispo de Ourense e o Cabildo de Tui, unha partición de igrexas das súas dióceses, na que figura o arciprestazgo de Novoa e Avión; o que ao parecer indica que parte do territorio de Novoa e Avión (Pero no o de Ribadavia), pertencían xa a aquela diócese en parte, e que outra parte do territorio, chamado terras de Avia e Avión, formaban parte da diócese de Ourense. No ano 1215 aparece por primeira eúnica vez a Orde dos Templarios en Avión, concretamente relacionados coa igrexa de San Andrés de Abelenda.
Pero durante a Idade Media o maior protagonismo exerceuno o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia, instaurado en 1375. A súa xurisdicción abarca varias freguesías: Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar un tributo denominado “fumaza” ou “fogaza”, que foi abolido por Isabel II en 1837. Na actualidade o concello de Avión ten as parroquias de Abelenda de Avión, Amiudal, Avión, Baiste, Barroso, Corcores, Couso, Cortegazas e Nieva. Todas elas con igrexa propia, aínda que non son aquelas que figuran na historia de Avión nos séculos XII e XIII, das que descoñecemos o seu fin.
As igrexas actuales que conforman as nove parroquias do Concello de Avión, teñen unha historia reciente que detallamos a continuación:
- “Igrexa de Santa Mariña”: Situada na poboación de Abelenda de Avión, é unha igrexa de estilo Románico con elementos barrocos, ten un sepulcro antropoide. Destaca a cruz parroquial na que interveu o prateiro Vilaza en 1741.
- “Igrexa de Santiago”: Ubicada na poboación de Amiudal, que no seu día fuo capital do Concello. Construida a mediados do século XVII. Posúe elementos artísticos de estilo barroco santiagués propios de 1755 cando D. Antonio Camba mandou facer unha intervención na capela mayor.
- “Iglesia dos Santos Xusto e Pastor”: Situada na capital do concello, foi iniciada a súa construcción aproximadamente en 1600, finalizando en 1742. Presenta unha singular fachada-retablo barroco realizada por canteiros da Terra de Montes. Ten ademáis outras dúas portadas fortemente moldeadas e con hornacina superior, nas que están as esculturas de San Antonio con o Neno e a Virxe e o seu fillo. A cabeceira moi anterior a 1742, ten bóveda de nervios de estilo gótico con claves historiadas policromadas. Na central figuran os Santos Xusto e Pastor, patronos da parroquia, con caretas alusivas aos principios centrais da fe. A similitude estilística da torre, con carátulas angulares na balaustra inferior, con outras como as de Carballeda e Beiro, fainos adiantar a hipótese dunha mesma cabeza rectora, que non poido ser outro que o conde de Ribadavia. Esta igrexa leva columnas salomónicas angulares, soporte tectónico infrecuente nos exteriores barrocos galegos , sendo un dos exemplos máis importantes do Barroco.
- “Igrexa de Santa María”: Da parroquia de Baiste, foi construida no século XVIII e renovada en 1910. Esta iglesia perteneció durante muchos años al monasterio de Melón.
- “Igrexa de Santa Eulalia”: Ubicada en Barroso, foi construida no ano 1622 e renovada en 1767.
- “Igrexa de Santa Mariña”: Da parroquia onde se ubica, Córcores, ten un retablo do século XVII.
- “Igrexa de Santa María”: Situada en Couso, ten importantes restos dun baldaquino medieval gótico do século XV.
- “Igrexa de Santo Antonio”: Ubicada en Cortegazas.
- “Igrexa de San Martiño”: Situada en Nieva
- Capela de San Xosé (Beresmo)
- Capela de San Vicenzo (San Vicenzo)
- Capela de Santa Isabel (Liñares)
- Capela de San Bieito (Camposancos)
- Capela de Santa María (A Edreira)
- Capela de la Virxen do Libramento (Rubillón)
- Capela de San Antonio (Pascais)
- Capela de Santo Estevo
- Capela de San Roque e San Bieito (Espiñeiro)