Subvención de Augas de Galicia ao Concello de Avión

O Concello de Avión ven de recibir unha subvención de AUGAS DE GALICIA por importe de 38.396,73 €, ao abeiro do Resolución do 12/03/2021, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 56, do 24/03/2021), para a execución do proxecto Renovación da rede de saneamento en Abelenda, cun investimento total de 47.966,73 €, que ten por obxecto mellorar o colector que se atopaba nun mal estado así como a construcción de rede de pluviais.


imprimir