Con este tipo de actividades preténdese desenvolver programas de ocio alternativo para que a xuventude teña unha opción sa de convivencia nos diferentes espazos socioculturais do Concello, creando un ambiente ideal para xente de idade e afeccións similares.
Esta proposta busca promocionar os entroidos tradicionais de Galicia a través da realización de obradoiros específicos que favorecerán o coñecemento desta festa.