Actuacion Baladas e Boleros "Antonio Barros e iAlma"

Actuación Antonio Barros e iAlma "Baladas e Boleros"

 Con iAlma é un espectáculo de baladas e boleros, de fama e recoñecidos de sempre, que agocha  unha historia real de vida nas súas letras na súa música, versionadas para piano e voz. Neste acústico pretenden sentir a música dunha forma máis íntima, e  trasladalo con toda a sensibilidade ao público asistente. O repertorio narra vivencias, historias reais, cantadas e contadas, dende a alma.

Unha voz acompañada dos acordes dun piano, para chegar ao profundo das persoas, facelas sentir e trasladalas a momentos únicos das súas vidas, buscando un  ambiente íntimo facendo fincapié nas  emocións.

Lugar: Centro Multiusos

Data e Hora: Sábado 8 de abril ás 20:00 horas.

Entrada: Gratuita. É necesario realizar reserva previa ao 988 48 60 00 (Teléfono do Concello) pois ten Aforo Limitado.

Organizado por: Concello de Avión en Colaboración coa Rede de Auditorios Provincial de Ourense

 


imprimir