alumeado exterior

O IDAE CONCEDEU UNHA SUBVENCIÓN PARA RENOVACIÓN DO ALUMEADO EXTERIOR DO CONCELLO

💡O IDAE ACABA DE CONCEDER AO CONCELLO DE AVIÓN, UNHA SUBVENCIÓN PARA A RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO EXTERIOR, QUE SUPORÁN UN AFORRO ENERXÉTICO DO 60% EN CONSUMO. 

🟢Con este proxecto sustituiranse tódalas luminarias existentes (1.616) por novas de tecnoloxía LED. Os cadros de mando asociados a ditas luminarias (43 para todo o concello) adecuaranse e renovaranse  para cumprir coa normativa vixente.

🟢 Unificaranse 3 cadros de mando, resultando un número de 40 cadros de mando despois da actuación.

➡️ A axuda total ascende a 1.099.357,53 €.


imprimir