FESTA MEXICANA 2023

A festa celebrarase o  venres 11 de agosto de 2023. Con horario de 17:00 a 01.30 aproximadamente.

🌮 Asistirán 5 dos mellores restaurantes mexicanos afincados en Galicia, 1 dos cales traerá exclusivamente postres típicos mexicanos.

🎺Contaremos coa actuación de 2 agrupaciones de mariachis de máis de 7 compoñentes cada unha, que amenizarán a partir das  21:00/21:30 a festa con música tradicional como son as famosas rancheras.

NOVIDADES:

Este ano a Festa presenta varias novidades con respecto a anteriores edicións:

1.-Adiántase o  horario de apertura dos Restaurantes a partir das 17:00 horas.

2.- Por primeira vez contaremos cun restaurante que traerá en exclusiva postres típicos mexicanos, así como augas de sabores, moi tradicionais do país azteca.

3.- Este ano, gracias á cesión da familia Fernández Merelles para o día da Festa Mexicana, disporemos dunha finca de enorme superficie situada en pleno centro de Avión para zona de aparcamento gratuito. Na que estará guiando o tráfico efectivos de Protección Civil.


👧👦 As nenas e nenos  tamén terán cabida na Festa Mexicana, e para eles están pensadas diversas actividades gratuitas dende las 18:00 horas. Contaremos ademáis, con sorteos de cestas de productos mexicanos e o  famoso xogo da “piñata” . As piñatas son elaboradas polos nosos maiores do Centro Integral de Servicios Sociais “Alvetus”, coa supervisión de Yesica Moreno Valenzuela, psicóloga e Directora do Centro da Muller do Concello de Avión.


imprimir