INSTALACIÓN AUTOCONSUMO COMPARTIDO CENTRO INTEGRAL SERVIZOS SOCIAIS-PISCINA MUNICIPAL
Visitas: 38
A Axencia do Instituto Enerxético de Galicia acaba de conceder unha axuda para unha Instalación de Autoconsumo Compartido entre o Centro Integral de Servizos Sociais "Alvetus" e a Piscina Municipal.
A axuda finánciase no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo, ao amparo do instrumento temporal NextGeneration EU.
Estas axudas teñen como obxectivo o desenvolvemento de enerxías renovables en edificios públicos e no sector residencial, o que supón unha contribución significativa para a optimización de fontes de enerxía limpas.