A partir do vindeiro luns 29 de xuño, estará dispoñible o servizo de recollida a demanda de enseres voluminosos , prestado pola empresa TRAGSA.
Para solicitar a recollida, será necesario chamar ao seguinte teléfono:
988 033 092
A través deste servizo poderá xestionarse a recollida de colchóns, mobles, electrodomésticos e outros enseres voluminosos , evitando así o seu depósito incontrolado na vía pública .
Desde o Concello de Avión pedimos a colaboración de toda a veciñanza para manter o noso municipio limpo .
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. · Tel. 988 486 000 · Praza do Concello s/n 32520, Avión Ourense